Crear WebQuest
- 1, 2, 3 tu WebQuest Online: www.aula21.net/Wqfacil
- Edutic: www.edutic.ua.es/webquest
- Instant WebQuest: www.instantprojects.org/webquest
- Phpwebquests: www.phpwebquest.org
- WeQuests Design Patterns: http://webquest.sdsu.edu/designpatterns/all.htm
Revistas escolares
- El lapicero digital: http://roble.pntic.mec.es/~jblesa/revista/lapicero.htm
- Periódico del estudiante: www.periodicodelestudiante.net
- Proyecto Interaulas. Red-acción. Revista de Cantabria: www.interaulas.org
- Revista escolar El Búho: web.educastur.princast.es/ies/salinas
- XTEC. Revistes escolares: www.xtec.es/escola/revistes/index.htm
- Doce notas: www.docenotas.com
- Eufonía: didáctica de la música: www.grao.com
- Música y educación: www.musicalis.es
Proxectos telemáticos colaborativos e cooperativos
- Clases gemelas: www.nuevaalejandria.com/maestros/clases
- De orilla a orilla: www.orillas.org
- Educalia: www.educalia.org/edujsp/projectes/projectes.jsp
- Educared: Aulas Unidas: www.educared.net/asp/aulasunidas
- ePals: www.epals.com
- European Schoolnet: www.eun.org/eun.org2/eun/es
- iEARN: www.pangea.org/iearn/es/web_es.html
- Kidlink: www.kidlink.org/spanish
- Proyectos escolares colaborativos a través de correo electrónico: icarito.latercera.cl/profes/alvaro/entrega3/gestion7.htm
- Red escolar: redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/proyectos/indexproyec.htm
- Teaching Intercultrural E-mail Classroom Connections: www.iecc.org
Portales de educación
- Aula infantil: www.aulainfantil.com
- Averrores: www.juntadeandalucia.es/averroes
- Cantabria educativa: www.cantabriaeducativa.com
- Cibereduca: www.cibereduca.com
- Consejería de Educación, cultura y Deportes: www.educa.rcanaria.es
- Dirección General de Enseñanzas Escolares y Profesionales: www.pnte.cfnavarra.es
- Educaguía: www.educaguia.com
- Educa Madrid: www.educamadrid.org
- Educar: www.educar.org
- Educared: www.educared.org
- Educarm: www.educarm.es
- Educastur: www.educastur.princast.es
- Educaweb: www.educaweb.com
- Enlaces: www.enlaces.cl
- Ensenet. www.ensenet.com
- Euskadi: www.hezkuntza.ejgv.euskadi.net
- JCCM: www.jccm.es/educacion
- Nueva Alejandría: www.nuevaalejandria.com
- Portal Educativo de las américas: www.educoas.org
- Portales educativos: www.cnice.mec.es/enlaces/portales_educativos.htm
- Profes: www.profes.net
- Red TEcnológica Educativa: www.rte-extremadura.org
- ServiCEC: www.cult.gva.es
- XTEC: www.xtec.es
- Xunta de Galicia: www.edu.xunta.es
Búsquedas, consellos útiles para aprender a buscar
- AulaFácil: curso sobre buscadores: www.aulafacil.com/buscadores/temario.htm
- Buscar información en Internet. WebQuest: www.auladeletras.net/webquest/documentos/buscar
- Atopar información no World Wide Web: ciberconta.unizar.es/LECCION/BUSCAR/INICIO.HTML
- Métodos de búsqueda: www.metodosdebusca.com
- Trucos de Google: http://trucosdegoogle.blogspot.com
Directorios de educación
- Educateca: www.educateca.com
- Maestroteca: maestroteca.com
- Educasites: www.educasites.net
- Education Virtual Library: www.csu.edu.au/education/library.html
Boletíns de noticias
Boletíns de noticias: Educación
- Diseven: www.rediris.es/list/diseven/index.es.html
- Educaguía: www.educaguia.com/Servicios/boletines/boletin.htm
- Educaweb: www.educaweb.com
- Profes.net: www.profes.net
Boletíns de noticias de música e educación musical
- Claves musicales: www.clavesmusicales.com
- Música coral: ar.groups.yahoo.com/group/musicacoral
- Boletín gratuito de noticias sobre música: www.abastodenoticias.com/suscripcion.asp?tm=89#quees
- Goldberg. Portal de música antiga: www.goldbergweb.com/es/bulletin
Bibliotecas virtuais
- Biblioteca Dixital do INEAM: www.educoas.org/portal
- BIVEM: Biblioteca Virtual de Educación Musical: www.bivem.net
- Quaderns Digitals: www.quadernsdigitals.net
Bibliotecas
- Bibliotecas y centros de documentación rexistrados na Rede Académica Española (Red Iris): www.rediris.es/recursos/bibliotecas
- Bibliotecas Ministerio de Cultura: www.mcu.es/bibliotecas/index.jsp>
- Bibliotecas del mundo: www.cervantesvirtual.com/bib_mundo/biblioteca_mundo.shtml
O Proceso Lector
A lectura é un proceso interactivo que involucra á persoa lectora e ao texto e ten como resultado a reconstrucción de significados e sentidos expresados por medio da lingua escrita.
A lectura é o medio máis importante polo cal os nenos e nenas aprenden coñecementos rexistrados sobre os feitos e as situacións do seu contorno.
A lectura é un instrumento fundamental para a formacion integral do alumnado pois a través dela:
- desenvolven a expresión oral
- enriquecen o vocabulario
- favorece a creatividade
- asimila o modo intuitivo das normas que rixen a escritura dunha lingua
- desenvolve a comprensión lectora
- abren horizontes e se fomenta o interese por outros coñecementos e áreas
- incrementa gradualmente a cultura
- ocupa unha cantidade de tempo de ocio na cultura
DESENVOLVEMENTO E CARACTERÍSTICAS DO PROCESO LECTOR
A lectura supón a adquisición dunha das capacidades básicas nas que descansa a sociedade e a cultura na que vivimos. Por un lado ha de aproximarse á representación e interpretación simbólica (decodificando e aumentando o dominio do léxico) e por outro favorecendo experiencias pracenteiras.
A aprendizaxe da lectura significa aprender a usar de forma nova os recursos lingüísticos que foron desenvolvendo falando e escoitando. Por iso a lectura pon de manifesto a característica principal da área de Lingua e Literatura (tando galega como castelá) dentro do estipulado no D. 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o currículo pra primaria na C. A. de Galicia.
Cabe mencionar aquí que a lectura non é unha actividade exclusiva das áreas lingüísticas pois é a actividade máis completa para desenvovler as competencias básicas e conseguir os obxectivos plantexados en todas e cada unha das áreas: colabora na adquisición de vocabulario específico, axuda á comprensión e favorece a educación integral.
Unha das metas é considerala fonte de coñecemento e saber pero tamén de disfrute, aventura, ocio e diversión.
O proceso lector continúa en desenvolvemento progresivo ao longo da etapa na que se favorecerán experiencias pracenteiras coa lectura plantexando situacións e actividades donde os nenos e nenas atopen sentido á súa utilización favorecendo o desenvolvemento da lectura comprensiva e polo tanto o coñecemento da realidade.
Non existe un método válido para todos, haberá que contar coa diversidade tendo en conta que a meta final é a de facer bos e boas lectores/as capaces de segmentar e representar os fonemas e comprender a mensaxe escrita.
A área de Lingua e Literatura
A linguaxe é a vía de comunicación con un/unha mesmo/a e cos demáis, o medio esencial para materializar o pensamento e a forma máis común de representación do coñecemento.
Debido a isto, estimular o seu uso funcional, como vehículo integrador para os contidos de distintas meterias posúe un gran valor para previr o fracaso escolar, enriquecer os coñecementos e as relacións interpersoais.
Na comunidade autónoma de Galicia, o D 130/2007 desenvolve de xeito semellante as áreas de lingua e literatura castelá e galega fundamentándose no enfoque comunicativo.
Este enfoque traslada a atención do que é linguaxe ao que se fai coa linguaxe.
Sitúa o foco de atención no texto ou discurso recoñecéndoo como unidade real de comunicación.
É un enfoque centrado no discente e nas súas capacidades, tanto comunicativs como de aprendizaxe.
A linguaxe é o medio de comunicación que serve para representar o pensamento pois confírenos a posibilidade de nomear o mundo. Aprender unha lingua é aprender un mundo de significados culturais vinculados a un conxundo de significantes.
A comunicación require dous procesos básicos: a expresión e a comprensión. A Educación Primaria debe favorecer o uso funcional da linguaxe partindo do nivel comunicativo dos nenos e nenas e do contorno lingüístico no que viven, desenvolvendo a aprendizaxe da lectura e da escritura como fonte de pracer e fantasía, de información e de saber.
Para ensinar de xeito adecuado linguas é preciso deseñar situacións de aprendizaxe globais nas que o uso motivado e reflexivo das estratexias lingüísticas e comunicativas leve á solución dos problemas plantexados.
Capacidade dos seres humanos para actuar sobre a natureza
Hoxe en día a maioría dos sistemas económicos aposta por estratexias de desenvolvemento sostible.
O desenvolvemento sostible ou sostenibilidade defínese como a actividade económica que satisfai as necesidades da xeración presente sen afectar á capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades.
Este termo foi adoptado por primeira vez pola ministra noruega Gro Harlem Bruntland, nun importante informe chamado O Noso Futuro Común ou informe Bruntland en 1987.
Hoxe en día considéranse 3 niveis de sostenibilidade:
Económica: que implica crecemento industrial, agrícola e financieiro.
Ecolóxica: que busca aires limpos, preservación do chan, conservación dos recursos naturais, ecosistemas e biodiversidade.
Social: proporciona beneficio público equidade laboral, participación, preservación das culturas.
Estas ideas foron plasmadas no documento Programa 21 na Cumbre de Río de Janeiro en 1992 que recolle estratexias a adoptar para alcanzar o desenvolvemento sostible no século XXI.
O ser humano ten nas súas mans os medios e o xeito de conseguir unha forma de vida en acordo co funcionamento do sistema natural do cal somos un elemento máis. temos que vivir en equilibrio cos sistemas naturais dos que dependemos, deste xeito, a revolución medioambiental, como algunhas persoas a chaman, basarase en comprobar se somos capaces de facer que a economía mundial sexa sostible en canto a súa relación co contorno, se se consigue producirá unha maior seguridade económica, modos de vida máis sans e unha mellora mundial da calidade de vida.
Que é Recursos na Web?
Este blog pretende ser un sitio de traballo e recopilación de información e recursos en relación con distintos conceptos relacionados co currículum para a educación primaria.
Nel pódense atopar enlaces e artigos relacionados con principios psicopedagóxicos e intervención educativa.
Esta é a miña proposta, a miña carpeta de recursos para ter a man en determinados momentos dentro do proceso de ensino. A escolla fágoa a partir dos contidos curriculares e a necesidade de aloxar nun mesmo sitio aqueles recuros que superviso e me gustaría traballar co meu alumnado.
"Recursos na Web" quere agradecer a túa visita e invitarte a que sigas pasando por aquí cando queiras.
Saúdos!