A área de Lingua e Literatura
A linguaxe é a vía de comunicación con un/unha mesmo/a e cos demáis, o medio esencial para materializar o pensamento e a forma máis común de representación do coñecemento.
Debido a isto, estimular o seu uso funcional, como vehículo integrador para os contidos de distintas meterias posúe un gran valor para previr o fracaso escolar, enriquecer os coñecementos e as relacións interpersoais.
Na comunidade autónoma de Galicia, o D 130/2007 desenvolve de xeito semellante as áreas de lingua e literatura castelá e galega fundamentándose no enfoque comunicativo.
Este enfoque traslada a atención do que é linguaxe ao que se fai coa linguaxe.
Sitúa o foco de atención no texto ou discurso recoñecéndoo como unidade real de comunicación.
É un enfoque centrado no discente e nas súas capacidades, tanto comunicativs como de aprendizaxe.
A linguaxe é o medio de comunicación que serve para representar o pensamento pois confírenos a posibilidade de nomear o mundo. Aprender unha lingua é aprender un mundo de significados culturais vinculados a un conxundo de significantes.
A comunicación require dous procesos básicos: a expresión e a comprensión. A Educación Primaria debe favorecer o uso funcional da linguaxe partindo do nivel comunicativo dos nenos e nenas e do contorno lingüístico no que viven, desenvolvendo a aprendizaxe da lectura e da escritura como fonte de pracer e fantasía, de información e de saber.
Para ensinar de xeito adecuado linguas é preciso deseñar situacións de aprendizaxe globais nas que o uso motivado e reflexivo das estratexias lingüísticas e comunicativas leve á solución dos problemas plantexados.