Blogia
Recursos na Web

Lectura e escritura

O Proceso Lector

A lectura é un proceso interactivo que involucra á persoa lectora e ao texto e ten como resultado a reconstrucción de significados e sentidos expresados por medio da lingua escrita.

A lectura é o medio máis importante polo cal os nenos e nenas aprenden coñecementos rexistrados sobre os feitos e as situacións do seu contorno.

A lectura é un instrumento fundamental para a formacion integral do alumnado pois a través dela:

- desenvolven a expresión oral

- enriquecen o vocabulario

- favorece a creatividade

- asimila o modo intuitivo das normas que rixen a escritura dunha lingua

- desenvolve a comprensión lectora

- abren horizontes e se fomenta o interese por outros coñecementos e áreas

- incrementa gradualmente a cultura

- ocupa unha cantidade de tempo de ocio na cultura

DESENVOLVEMENTO E CARACTERÍSTICAS DO PROCESO LECTOR

A lectura supón a adquisición dunha das capacidades básicas nas que descansa a sociedade e a cultura na que vivimos. Por un lado ha de aproximarse á representación e interpretación simbólica (decodificando e aumentando o dominio do léxico) e por outro favorecendo experiencias pracenteiras.

A aprendizaxe da lectura significa aprender a usar de forma nova os recursos lingüísticos que foron desenvolvendo falando e escoitando. Por iso a lectura pon de manifesto a característica principal da área de Lingua e Literatura (tando galega como castelá) dentro do estipulado no D. 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o currículo pra primaria na C. A. de Galicia.

Cabe mencionar aquí que a lectura non é unha actividade exclusiva das áreas lingüísticas pois é a actividade máis completa para desenvovler as competencias básicas e conseguir os obxectivos plantexados en todas e cada unha das áreas: colabora na adquisición de vocabulario específico, axuda á comprensión e favorece a educación integral.

Unha das metas é considerala fonte de coñecemento e saber pero tamén de disfrute, aventura, ocio e diversión.

O proceso lector continúa en desenvolvemento progresivo ao longo da etapa na que se favorecerán experiencias pracenteiras coa lectura plantexando situacións e actividades donde os nenos e nenas atopen sentido á súa utilización favorecendo o desenvolvemento da lectura comprensiva e polo tanto o coñecemento da realidade.

Non existe un método válido para todos, haberá que contar coa diversidade tendo en conta que a meta final é a de facer bos e boas lectores/as capaces de segmentar e representar os fonemas e comprender a mensaxe escrita.