Capacidade dos seres humanos para actuar sobre a natureza
Hoxe en día a maioría dos sistemas económicos aposta por estratexias de desenvolvemento sostible.
O desenvolvemento sostible ou sostenibilidade defínese como a actividade económica que satisfai as necesidades da xeración presente sen afectar á capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades.
Este termo foi adoptado por primeira vez pola ministra noruega Gro Harlem Bruntland, nun importante informe chamado O Noso Futuro Común ou informe Bruntland en 1987.
Hoxe en día considéranse 3 niveis de sostenibilidade:
Económica: que implica crecemento industrial, agrícola e financieiro.
Ecolóxica: que busca aires limpos, preservación do chan, conservación dos recursos naturais, ecosistemas e biodiversidade.
Social: proporciona beneficio público equidade laboral, participación, preservación das culturas.
Estas ideas foron plasmadas no documento Programa 21 na Cumbre de Río de Janeiro en 1992 que recolle estratexias a adoptar para alcanzar o desenvolvemento sostible no século XXI.
O ser humano ten nas súas mans os medios e o xeito de conseguir unha forma de vida en acordo co funcionamento do sistema natural do cal somos un elemento máis. temos que vivir en equilibrio cos sistemas naturais dos que dependemos, deste xeito, a revolución medioambiental, como algunhas persoas a chaman, basarase en comprobar se somos capaces de facer que a economía mundial sexa sostible en canto a súa relación co contorno, se se consigue producirá unha maior seguridade económica, modos de vida máis sans e unha mellora mundial da calidade de vida.